Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle referente a ordenar, completar e reaxustar a aliñación interior de soar en Santa Marta de Ortigueira.

WO Pleno do Concello de Ortigueira, en sesión ordinaria realizada o 25 de xuño de 2012, aprobou definitivamente o estudo de detalle referente a ordenar, completar e reaxustar a aliñación interior nun soar sito na rúa Luciano Pita, 27, da vila de Santa Marta de Ortigueira, redactado polo arquitecto Luis Francisco Díaz Fuentes e promovido por Carmen Caula Villar.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 28 de xuño de 2012, en cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e déuselle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados pola secretaría do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio.

Ortigueira, 28 de xuño de 2012

Rafael J. Girón Martínez
Alcalde