Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO polo que se corrixen erros no prego de cláusulas administrativas particulares do expediente As-22/2012.

En relación co expediente relativo ao servizo de desenvolvemento e xestión do programa de actividades socioculturais nos centros cívicos municipais (As-22/2012), publicado no DOG con data 20 de abril de 2012, páxina 14668, comunícase que por Resolución de data 29 de xuño de 2012 se emenda erro detectado no sentido de rectificar a cláusula 18.1.F) do prego de cláusulas administrativas particulares, suprimindo o requisito de solvencia específica en que se lles exixía aos licitadores estar en posesión dunha póliza de seguro de accidentes.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de 15 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xuño de 2012

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda
e Administración Pública