Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26901

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación (As-30/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-30/2012.

2. Obxecto do contrato: xestión e mantemento da web educativa municipal e outros servizos asociados. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 83.000 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría b.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 18 de xullo de 2012. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de Contratación e/ou no Perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde Responsable de Facenda e Administración Pública