Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26900

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre un proxecto de construción dunha sepultura.

Ana Isabel Barja Fernández solicitou desta alcaldía licenza municipal para o proxecto de construción dunha sepultura (conxunto vertical de tres nichos e cinceiro) no cemiterio parroquial de Santiago de Viladonga, do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 27 de xuño de 2012

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde