Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26899

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre un proxecto de construción de nave para corte de recría e almacén, construción de silos trincheira e instalación de fosa de xurro.

Marcos Salgado Buide, en representación de Salgado Buide, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para o proxecto para construción de nave para corte de recría e almacén, construción de silos trincheira e instalación de fosa de xurro, no lugar do Carballo da parroquia de Triabá, do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 27 de xuño de 2012

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde