Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26898

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de exposición pública sobre a construción de naves agrícolas para ampliación e explotación gandeira para cría de visóns e licenza de actividade.

Roberto Castelos Vázquez solicitóu desta alcaldía licenza municipal para construcion de naves agricolas para ampliacion e explotación gandeira para cría de visóns e licenza de actividade que se instalará no lugar do Xalo, parroquia de Paleo. En cumprimento do disposto polo artigo 8, punto 3 do Decreto 133/2008, do 2 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un período de vinte días, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carral, 14 de xuño de 2012

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde