Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación polo Servizo Galego de Saúde do servizo para asegurar a calidade nos procedementos TIC na execución dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050, cofinanciados nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico (AB-SER1-12-024).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 881 54 27 87.

5. Telefax: 881 54 27 62.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 23.7.2012.

d) Número de expediente: AB-SER1-12-024.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para asegurar a calidade nos procedementos TIC na execución dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: corenta meses desde a súa sinatura.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72225000-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de traballo

0 - 25

Metodoloxía de traballo

0 - 25

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0 - 40

Proposta de actividade

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 467.125 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 404.000 euros. Importe total: 476.720 euros.

b) O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico nun 70%. Eixe 1, tema prioritario 11.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 5 ou 7, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 23.7.2012.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 15.6.2012.

12. Outras informacións. O expediente será cofinanciado con fondos Feder.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos