Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se dispón o inicio do procedemento de cancelación da inscricións no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento das entidades recollidas no anexo.

Antecedentes.

Por resolucións do 13 de marzo e 24 de abril de 2012 establécese que se vai proceder á suspensión provisoria da inscrición das entidades relacionadas no anexo, concedéndolles un trámite de audiencia de 15 días co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes, e comunicándolles que, en caso de non facelo, procederá a cancelación definitiva da inscrición da súa entidade.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde a recepción desta notificación.

Unha vez rematados os prazos de trámite de audiencia e para interpor o recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ningunha das entidades presentou documentación, estando en suspensión provisional as citadas inscricións.

Fundamentos de dereito.

A Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, establece no seu artigo 23 os axentes de cooperación.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, establece, no seu título VI, o procedemento administrativo común.

O Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011 (desde agora Decreto 90/2011), establece no seu artigo 13.1 que a inscrición no rexistro é voluntaria.

O artigo 19 do Decreto 90/2011 establece para as entidades inscritas dúas obrigas para o mantemento da inscrición:

– A comunicación ao rexistro de calquera alteración respecto dos documentos e/ou datos rexistrados, no prazo de dous meses desde que se produza.

– A emisión anualmente dun certificado da secretaría relativo á renovación dos órganos de goberno ou administración, da variación na representación legal da entidade e dos acordos de aprobación do orzamento anual e da liquidación do exercicio económico.

O artigo 20 do Decreto 90/2011 establece que a inscrición dun axente de cooperación para o desenvolvemento poderá ser cancelada, por instancia de parte interesada ou de oficio, entre outros, nos seguintes casos:

c) Inactividade da entidade por un período de tres anos, debidamente probada.

d) Por incumprimento da obriga de comunicar e acreditar calquera modificación da documentación achegada para a inscrición rexistral, de conformidade co disposto no artigo 15 deste decreto.

A disposición transitoria do Decreto 90/2011 establece a obriga de que os axentes de cooperación adecuen a súa inscrición nos seis meses seguintes á entrada en vigor deste decreto.

O decreto establece, entre outras novidades, a de que se indiquen os organismos públicos dos que se recibisen axudas e subvencións, o obxecto destas e as cantidades recibidas durante os 5 anos anteriores á inscrición, e para o caso das ONGD e outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento, que indiquen o obxecto e os fins que se desexan inscribir.

O artigo 21 do Decreto 90/2011 di que o titular do órgano directivo competente na materia de cooperación ao desenvolvemento é competente para ditar as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación. Este mesmo artigo di que o prazo para resolver e notificar a cancelación da inscrición será de tres meses contados desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro do órgano competente para resolver, ou desde a data do acordo de iniciación cando se iniciou de oficio.

De acordo co indicado e á vista da lexislación aplicable,

RESOLVO:

Acordar o inicio do procedemento de cancelación das entidades relacionadas no anexo, nomeando instrutora deste a xefa de Servizo de Fomento da Cooperación ao Desenvolvemento, dándolles un prazo de 10 días para que presenten todos os documentos que permitan o mantemento da inscrición.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Sección e nº

Denominación

Data da última comunicación ao rexistro

ONGD11

Asociación Gallega de Ayuda al Sahara

2.6.1994

ONGD1 7

Asociación Medicus Mundi Galicia

5.6.1994

ONGD74

Fundación Codespa de Cooperación al Desarrollo y Promoción de Actividades Asistenciales: Futuro en Marcha

10.5.1999

ONGD102

Asociación Fisioterapeutas del Mundo-España FME

7.10.2002

Empresas 3

Nube Verde, S.L.

8.4.2005

Empresas 5

Qualitynova Consultores, S.L.L.

1.6.2005

Empresas 7

O.B.Z., S.L.

23.5.2006

Empresas 9

Xana Producciones, S.L.

24.7.2006

Empresas 22

Habitaq Consultoría de Desenvolvemento Sostible, S.L.

7.10.2002

OAC 7

Asociación Coordinadora de Lesbianas, Gays, Bisexuales y Transexuales de Galicia. Colega

4.2.2011

OAC 9

Asociación Centro de Estudos sobre Desenvolvemento Endóxeno e Comunitario

12.8.2010