Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto harmonizado e tramitación ordinaria da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia con data 21 de xuño de 2012, procédese agora a efectuar o seu anuncio de licitación.

Esta resolución constitúe un acto de trámite para os efectos do parágrafo primeiro do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD).

b) Lugar de execución: no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD).

c) Prazo de execución: 10 anos computados unha vez transcorridos 30 días naturais desde a data da súa formalización, sen posibilidade de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen impostos: 2.118.644,07 €.

Impostos: 318.355,93 €.

Importe total: 2.500.000 €, impostos incluídos, e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2012: 41.667,00 €, impostos incluídos.

Ano 2013: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2014: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2015: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2016: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2017: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2018: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2019: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2020: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2021: 250.000,00 €, impostos incluídos.

Ano 2022: 208.333,00 €, impostos incluídos.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: en atención ao valor estimado do contrato e a súa complexidade técnica exíxese, para licitar, a constitución da garantía provisional por importe do 2% do orzamento de licitación.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5%) do importe de adxudicación, impostos excluídos.

6. Obtención de documentación e información.

No Servizo de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 23. Fax: 981 54 26 39).

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados tamén na rede da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17668

Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 6 de agosto de 2012 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na folla de especificacións do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presentar a documentación a que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro).

c) Lugar de presentación: no rexistro público da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), tamén poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4, 15781.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 20 de agosto de 2012.

e) Hora: 10.00 horas.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Secretaría Xeral para o Deporte o resultado de apertura, para que se emenden, se fose o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio.

Os gastos do anuncio que orixine a publicación, por unha soa vez, do anuncio desta licitación nos correspondentes diarios e boletíns oficiais serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se poida imputar á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto. O importe estimado máximo é o seguinte:

Custo do Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): gratuíto.

Custo do Boletín Oficial del Estado (BOE):

Taxa/liña de título: 13,82 €.

Taxa/liña de texto: 15,35 €.

Custo do Diario Oficial de Galicia (DOG): 5,42 € por liña publicada.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): o 27 de xuño de 2012.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte