Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1072/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1072/2009 por instancia de Manuel Miguel Piñeiro Paz contra Fremap e o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A., sobre incapacidade, nos cales se ditou sentenza en data 24.5.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Desestímase a demanda formulada por Manuel Miguel Piñeiro Paz fronte á mutua Fremap, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A., e absolvo as citadas entidades ou empresas das accións fronte a elas exercidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á Empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A., expido e asino a presente.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

A secretaria xudicial