Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (384/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 384/2010 por instancia de Margarita Aguión López contra a empresa Stylo Coruña, S.L. e Academia de Peluquería y Estética Fama, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 7 de xuño de 2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estímase parcialmente a demanda interposta por Margarita Aguión López fronte a Stylo Coruña, S.L. e Academia de Peluquería y Estética Fama, e, en consecuencia:

– Absólvese a Academia de Peluquería y Estética Fama das pretensións fronte a ela dirixidas.

– Condénase a empresa Stylo Coruña, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de catro mil cento trinta e seis euros con oitenta e cinco céntimos de euro (4.136,85 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Academia de Peluquería y Estética Fama, expido e asino o presente.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

A secretaria xudicial