Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (207/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 207/2012 por instancia de Juan Francisco García Fernández contra as empresas Galp Energía España, S.A.U. e Brabio Gest I. S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 8.6.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Admítese parcialmente a demanda formulada por Juan Francisco García Fernández fronte a Galp Energía España, S.A.U. e Bravio Gest I. S.L., e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento do demandante.

– Absólvese a Bravio Gest I. S.L. das pretensións de condena fronte a ela exercidas.

– Condénase a Galp Energía España, S.A.U. a que, a opción do traballador no prazo de cinco días, efectúe a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou aboe unha indemnización de 29.748,40 euros máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 6.399,94 euros, aos cales se deberán engadir os que se perciban ata a súa notificación a razón de 45,07 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bravio Gest I. S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

A secretaria xudicial