Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26663

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (69/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 69/2010, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 24 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 69/2010, en que foi demandante a Fundación Laboral de la Construcción, representada pola procuradora Sra. Feito Vázquez, baixo a dirección letrada da Sra. Vázquez Carballal, substituída polo letrado Sr. Quiroga Fernández, e demandada a empresa Rebigal, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Rebigal, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de 586,67 euros que lle debe.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Rebigal, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

A secretaria xudicial