Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (744/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 744/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa contra a empresa Parrillada Antonio, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 744/2010, en que foi demandante Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa, representada polo letrado Sr. Pérez López, e demandada a empresa Parrillada Antonio, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa contra a empresa Parrillada Antonio, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa a cantidade de 5.990,63 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10%, aínda que unicamente respecto dos conceptos de estrito carácter salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Parrillada de Antonio, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de xuño de 2012

A secretaria xudicial