Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26665

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (719/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 719/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Luis Monelos Pan, Marcelino Núñez Fernández e José A. Alfonso Calo contra a empresa Raymond Cars, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 719/2010, en que foron demandantes Marcelino Núñez Fernández, José A. Alfonso Calo e Luis Monelos Pan, representados polo letrado Sr. Pousa Meréns, e demandada a empresa Raymond Cars, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Marcelino Núñez Fernández, José A. Alfonso Calo e Luis Monelos Pan contra a empresa Raymond Cars, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Marcelino Núñez Fernández a cantidade de 2.561,18 euros, a José A. Alfonso Calo a cantidade de 2.482,63 euros e a Luis Monelos Pan a cantidade de 2.509,72 euros que lles debe. Estas cantidades deberanse incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Raymond Cars, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de xuño de 2012

A secretaria xudicial