Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26667

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1293/2009).

Eu, Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 1293/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sofía Sobrado Carballo contra a empresa Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, do 27 de marzo de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Sofía Carballo Sobrado contra a Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago, S.A. e, en consecuencia, condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.815,49 euros en concepto de paga extra de xuño de 2009 (831,65), salario de xullo de 2009 (831,65), trece días de salario de agosto de 2009 (360,38 euros), parte proporcional da paga extra de Nadal (592,94 euros) e indemnización por causas obxectivas (198,87 euros), máis o 10% das cantidades salariais por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

A secretaria xudicial