Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26657

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (8/2012).

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente fago saber que no procedemento de xuízo verbal número 8/2012 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do tenor literal seguinte:

«Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, os presentes autos de xuízo verbal con número 8/2012 seguidos por instancia da comunidade de propietarios Rúa número 7-9 de Miño, representada polo procurador Sr. Pedreira del Río e baixo a dirección letrada do Sr. Fernández-Xesta Goicoa, contra Promociones Galvamiño, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Decisión que debo estimar e estimo integramente a demanda exercida pola comunidade de propietarios Rúa número 7-9 (Miño) fronte a Promocións Galvamiño, S.L., condenando esta última a aboarlle a cantidade de 2.105,71 euros á primeira máis os xuros legais percibidos por aquela cantidade desde a data de interposición da demanda, así como as custas do presente proceso.

Notifíqueselles a presente ás partes, facéndolles saber que é firme e que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma á demandada rebelde Promociones Galvamiño, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Betanzos, 31 de maio de 2012

A secretaria xudicial