Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26655

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (347/2009).

Audiencia Provincial da Coruña 5.

Peza: recurso de apelación (LACN): 347/2009.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol.

Procedemento de orixe: xuízo verbal 431/2008.

Recorrente: José Hermida Muíños.

Recorrido: Telefónica Movistar.

Edicto (347/2009).

Faise saber que este tribunal, no recurso de apelación (LACN) 347/2009, ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución literalmente din:

«Peza: 347/2009.

Procedemento de orixe: 431/2008.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol.

Deliberación o día: 23 de febreiro de 2010.

Sentenza número 80/2010.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Dámaso Manuel Brañas Santa María.

Carmen Martelo Pérez.

Na Coruña, 11 de marzo de 2012

No recurso de apelación civil número 347/2009, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol en xuízo verbal número 431/2008, sobre reclamación de cantidade, seguido entre partes, como apelante José Hermida Muíños e como apelada Telefónica Movistar, sendo relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes e fundamentos xurídicos).

Resolvo que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación, interposto por José Hermida Muíños contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol nos autos 431/2008, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a ..., apelado/s en rebeldía civil, cuxo/s domicilio/s se ignora/n, de conformidade co artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil, expido este edicto.

A Coruña, 14 de xuño de 2012

A secretaria xudicial