Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica de modificado da reelectrificación de Rueta, no concello de Cervo (expediente 004/2001 A.T.)

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) con enderezo para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro 4-Lugo, aprécianse os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data 28 de outubro de 2008 a Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo ditou resolución pola que se autorizaba, se aprobaba o proxecto de execución e se declaraba a utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica de reelectrificación de Rueta. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso de Lugo o día 5 de novembro de 2008, no DOG o 6 de novembro e no BOP de Lugo o 12 de novembro.

Segundo. Debido a que a empresa beneficiaria da expropiación (Begasa) non obtivo a autorización do Servizo de Costas para poder executar o proxecto aprobado, con data 16 de marzo de 2011 presenta o modificado á reelectrificación de Rueta e solicita a autorización administrativa e a aprobación deste, para o que, sen prexuízo das modificacións propostas, mantén as mesmas afeccións que para o proxecto aprobado no seu día que, en todo caso, non varía o trazado inicial aínda que cambien as súas características técnicas.

Terceiro. O trámite de información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, considérase cumprido co realizado para o proxecto inicial publicado no diario El Progreso o 21 de novembro de 2007, no BOP de Lugo o 30 de novembro de 2007 e no DOG o 12 de decembro de 2007, no taboleiro de anuncios do concello de Cervo, e aos interesados na expropiación mediante notificación individual realizada tanto inicialmente como tras a presentación da modificación.

Cuarto. Enviáronselles separatas relativas ao proxecto modificado aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Quinto. O persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emite informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

A estes feitos son de aplicación os seguintes:

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia e no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (que modifica o anterior).

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. o establecemento da instalación eléctrica denominada Modificado á reelectrificación de Rueta, no concello de Cervo, coas seguintes características técnicas principais:

1. Liña de media tensión a 20 kV con orixe na L.M.T. Burela (existente) e remate no C.T.I. Rueta (proxectado) cunha lonxitude de 89 m sobre un apoio metálico tipo C illamento de cadeas e condutor LA-56.

2. Centro de transformación intemperie situado nas inmediacións de Rueta, cunha potencia instalada de 50 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión con orixe no centro de transformación anterior, cunha lonxitude de 697 m en 6 apoios de formigón e 4 metálicos, en condutor R.Z. de diversas seccións para servizo de 7 abonados.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica Modificado á reelectrificación de Rueta visado o día 23.11.2010 co número 2840/2010, polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, e asinado polo enxeñeiro técnico industrial Juan Carlos Vázquez Gómez.

Terceiro. Manter a utilidade pública declarada, en concreto, para á instalación eléctrica obxecto do presente expediente por Resolución do 28 de outubro de 2008 ao manterse a finalidade que motivou a expropiación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co que se desprende dos artigos 54 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 y 64 do seu regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto Modificado á reelectrificación de Rueta presentado pola empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, e as disposicións transitorias do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta xefatura territorial.

Quinta. O prazo para a execución das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación/publicación desta resolución.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

A publicación desta resolución se realiza tamén para os efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 8 de xuño de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo