Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de restauración da canteira Ferro sita no termo municipal do Porriño (Pontevedra), promovido pola entidade Pocasa-Porriñesa de Canteiras, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o plan de restauración da canteira Ferro sita no termo municipal do Porriño (Pontevedra), promovido pola entidade Pocasa-Porriñesa de Canteiras, S.A.

O que se fai público, facendo constar que durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o Plan de restauración atópase dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Ángel Bernado Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas