Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2011/253).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L. e Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: avda. Linares Rivas, 44, 21 C, 15005 A Coruña, e avda. Paralelo, 51, 8004 Barcelona.

Domicilio para os efectos de notificacións: rúa Cubelos, 21 baixo D, Perillo, 15008 Oleiros (A Coruña), e apartado de correos nº 35, 24400 Ponferrada (León).

Denominación: modificado parcial de cambio de punto fronteira entre Endesa Distribución y Distribuidora Eléctrica Niebla.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Modificación da chegada ao centro de seccionamento (punto fronteira) procedente da subestación do Tesouro por parte de Endesa Distribución, S.L., substituíndo o tramo aéreo proxectado de lonxitude 71,65 m en condutor LA-56 por un trazado soterrado con orixe no apoio tipo AG 9000/20 existente, ao cal chega o circuíto L2C1 en 3×2×LA180 existente e final no centro de seccionamento proxectado, cunha lonxitude de trazado soterrado de 165,80 m de nova execución; o trazado discorre por terreos propiedade de Endesa.

Substitución do apoio proxectado tipo C 20/4500 de saída do circuíto de Niebla Distribución, S.L. do centro de seccionamento por un apoio tipo C-16/4500.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de maio de 2012

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña