Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a renuncia por interese público do procedemento aberto e de tramitación ordinaria da subministración sucesiva de lentes intraoculares, viscoelásticas e packs de material para a intervención de cataratas e vitrectomías e o arrendamento sen opción de compra do equipamento necesario para a realización das ditas intervencións cirúrxicas no Hospital Universitario Lucus Augusti (MS-CHX1-11-015), anunciado pola Resolución do 8 de marzo de 2012 desta dirección.

Constatada a existencia de errores materiales nos pregos do expediente MS-CHX1-11-015, cuxo obxecto é a subministración sucesiva de lentes intraoculares, viscoelásticas e packs de material para a intervención de cataratas e vitrectomías e o arrendamento sen opción de compra do equipamento necesario para a realización das ditas intervencións cirúrxicas no Hospital Universitario Lucus Augusti, acórdase a renuncia do procedimiento, todo isto conforme o artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. O anuncio de licitación foi publicado no DOUE o 29 de marzo de 2012, no BOE o 4 de abril de 2012 e no DOG o 12 de abril de 2012.

Lugo, 27 de abril de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo