Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de San Tomé-Tragove (Cambados).

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de San Tomé-Tragove (Cambados, Pontevedra), en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento, xunto co seu informe de sustentabilidade ambiental conforme o documento de referencia aprobado por Resolución do 26 de xuño de 2010 do secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o cal dispoñen dun prazo de dous (2) meses que se contarán a partir do día seguinte da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona sur de Portos de Galicia, rúa Benito Corbal, 37, 3º, 36071 Pontevedra, onde se poderán tamén examinar os documentos referidos durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a dita documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, no punto de pregos e documentos.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia