Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Presidencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se fai pública a adxudicación do aluguer duns locais na rúa García Portela, número 11 de Lugo.

De acordo coa Resolución da xerente do Servizo Galego de Saúde do 5 de xuño de 2012 e en cumprimento do disposto no artigo 101.3 da Lei de saúde de Galicia, Lei 8/2008, do 10 de xullo, que permite ao Servizo Galego de Saúde o arrendamento directo dos inmobles que sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións coa obriga de publicar o anuncio e adxudicación no Diario Oficial de Galicia, excepto naqueles casos en que de acordo coas peculiaridades do ben non sexa precisa a publicación do anuncio, pola necesidade de arrendar un inmoble determinado.

En virtude do establecido no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e na Orde do 15 de maio de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a contratación do alugamento, de acordo coas peculiaridades do ben, duns locais sitos na rúa García Portela, nº 11 de Lugo, titularidade da Tesouraría Xeral da Seguridade Social con destino a oficinas dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

P.O. (Orde do 15.6.2009)
Mª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde