Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25867

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de información pública para ampliación de explotación de polos en Portela (Narla).

Sol Loureiro Vázquez, en representación de Xonxa, S.C., solicitou desta alcaldía, licenza municipal para ampliación de explotación de polos, que se situará na Portela-Narla. En cumprimento do disposto no artigo 8.1. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Friol, 8 de xuño de 2012

(Decreto da alcaldía 13.6.2011)
José Antonio Abuín Villar
Tenente de alcalde