Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública de ampliación de explotación cunícola.

A SAT Regueiro Picón, núm. 1135 XUGA, con CIF V15830052, solicitou a esta alcaldía unha licenza para:

A construción de dous silos para almacenar forraxe para unha explotación gandeira localizada no lugar de Campo, Xesteda (Xesteda-Cerceda) con número de parcela 685 e número de polígono 56 (clave MAS/75 2012).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que acharen oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 30 de maio de 2012

José García Liñares
Alcalde