Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baltar

ANUNCIO de información pública de dous silos para forraxe.

Solicitada a licenza de ampliación de explotación cunícola consistente en dúas naves, esterqueira e almacén con aseos en Baltar, situado nos predios nº 663, 664, 660 do polígono 502, sometida a evaluación de incidencia ambiental, por A Cunca Cunicultura, S.L., neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública polo termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes, tal e como establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

O expediente obxecto desta información pódeno consultar as persoas que se consideren afectadas nas oficinas municipais en horario de oficina das 8.30 ás 14.30 horas.

Baltar, 7 de xuño de 2012

José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde