Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO de información pública de delimitación de solo de núcleo rural.

Por instancia de Martín Domínguez Estévez tramítase neste Concello de Montederramo expediente de delimitación de solo de núcleo rural de Touzal, ao abeiro do establecido na disposición adicional 2ª da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De conformidade co disposto no precepto legal sinalado, exponse ao público polo termo dun mes. Durante o dito prazo, que comezará a contar desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, quen se considere interesado poderá presentar as observacións, reclamacións ou suxestións que teña por convenientes.

Montederramo, 4 de xuño de 2012

Antonio Rodríguez Álvarez
Alcalde