Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre centro de recolla de aves para control de poboación e estancia de aves rapaces no Outeiro (Arabexo).

Juan José Fraga Rey solicitou desta alcaldía, en representación de Larus Control, S.L.N.E., licenza municipal para centro de recolla de aves para control poboacional e estancia de aves rapaces, no Outeiro nº 2 (Arabexo). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia–, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Val do Dubra, 6 de xuño de 2012

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde