Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25870

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se fan públicas as bases para a selección de persoal funcionario na Xerencia Municipal de Urbanismo (oferta 2010/2011).

Con datas do 15 de maio e 19 de xuño de 2012 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (números 93 e 117 de 2012, respectivamente) as bases xerais e específicas para a selección do persoal funcionario incluído na oferta de emprego público para os anos 2010 e 2011, na cal se prevé a cobertura das seguintes prazas:

– Unha de arquitecto (libre).

– Unha de técnico de administración xeral (libre).

– Unha de enxeñeiro técnico de obras públicas (libre).

– Unha de enxeñeiro técnico industrial (promoción interna).

– Oito de administrativo (promoción interna).

– Dúas de inspectores de urbanismo (promoción interna).

– Unha de oficial de oficios (promoción interna).

A convocatoria das probas selectivas realizarase mediante a inserción dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de xuño de 2012

Mª Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos