Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 6 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a Pilar Quiñoá López para ser notificada en comparecencia.

Logo de intentada, por tres veces, a notificación dun requirimento en relación cun procedemento de modificación da autorización do centro privado System, de Lugo, a Pilar Quiñoá López en representación de F y Q Asociados, C.B., a través do servizo de Correos no domicilio do centro privado que consta na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, esta non se puido practicar, e foi devolta nas tres ocasións polo dito servizo por ausente na repartición e descoñecida.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase a Pilar Quiñoá López para ser notificada do requirimento por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, nas dependencias da Subdirección Xeral de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a comunicación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos