Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 82/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: proxecto de L.M.T.S. alimentación provisional ao polígono da Sionlla-Formarís.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,121 km, con orixe na L.M.T.S. SCY-829 de alimentación ao polígono de Costa Vella (expediente: 294/03), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3(1×240) Al, e final na mesma liña unha vez realice empalmes nas liñas de alimentación previstas ao polígono da Sionlla-Formarís (expediente 228/11).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña