Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 201212 AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 24 de maio de 2012, a xefa territorial de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 201212 AL-OU; incoado na Xefatura Territorial da Conselleria de Sanidade de Ourense a Lembranzas Carmiña, S.L. Vivendas Comunitarias Lembranzas.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Lembranzas Carmiña S.L.; o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento da mesma.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou de Caixanova recadación Xunta modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación o interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de xuño de 2012

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente:201212 AL-OU.

Denunciado: Lembranzas Carmiña, S.L. Vivendas Comunitarias Lembranzas.

CIF/NIF: B-3251579.

Último enderezo coñecido: rúa do Cordeiro, nº 3, baixo, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro; e Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: mil seiscentos euros (1.600,00 euros).