Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2011/292).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20, baixo. 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. Cuartel.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 62,57 m, con orixe no C.T. Cuartel proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no C.T. Marlán existente.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea coa orixe no C.T. Cuartel proxectado, de 36,97 m de lonxitude, en condutor X.Z.1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de maio de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña