Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pazos de Borbén (expediente IN407A 2012/113-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. do Concello, 21, 36830 A Lama.

Título: L.M.T.S., C.T. Amoedo II.

Situación: Pazos de Borbén.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 452 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente Polígono Amoedo I e final no C.T. proxectado Amoedo II. Centro de transformación (Amoedo II) de 250 kVA, R.T. 20 kV/420 V, situado no Carballiño, Amoedo, concello de Pazos de Borbén.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1:

Municipio: Pazos de Borbén; lugar: parroquia de Amoedo; cultivo: matorral; referencia catastral 36037A027000750000TL; titular: herdeiros de Albino Míguez García (rpte.-Florinda Míguez Martínez); enderezo: O Carballiño-Amoedo nº 51, 36840 Pazos de Borbén; afección: 53 m lineais cunha superficie afectada de 106 m2.

Predio 2:

Municipio: Pazos de Borbén; lugar: parroquia de Amoedo; cultivo: matorral; referencia catastral 36037A027000710000TY; titular: Amelia Garrido Extremadouro; enderezo: A Igrexa nº 82, Amoedo, 36840 Pazos de Borbén; afección: 6 m lineais cunha superficie afectada de 12 m2.

Predio 3:

Municipio: Pazos de Borbén; lugar: parroquia de Amoedo; cultivo: matorral; referencia catastral 36037A004001030000TX; titular: Comunidade de Montes de Amoedo; enderezo: A Igrexa nº 81, Amoedo, 36840 Pazos de Borbén; afección: 80 m2 de solo para o centro de transformación.