Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de xuño de 2012 pola que se notifica o requirimento de presentación de documentación das embarcacións asignadas a determinadas autorizacións de atracada nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Beluso.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, notifícaselles mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia aos usuarios Maravista Inversiones, S.L., con CIF B36338689, e a José Luis Acuña Rivadulla, con NIF 35244277-C, o requirimento de presentar a documentación das embarcacións que teñen autorizadas nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Beluso, co fin de renovar as autorizacións de atracada das cales son titulares.

Os últimos domicilios coñecidos, onde se intentou notificar o requirimento foron:

Maravista Inversiones, S.L., O Xistro, 20, Salcedo, Pontevedra.

José Luis Acuña Rivadulla, A Carrasqueira, 81, Bueu.

A documentación requirida é a seguinte:

1. Copia compulsada do certificado de navegabilidade, con vixencia na data de presentación da documentación.

2. Orixinal ou copia compulsada da folla do Rexistro Marítimo Español e da copia certificada actualizada da folla de asento da embarcación (folla do rexistro e follas de asento seguintes). A certificación non poderá ter unha antigüidade superior a un (1) ano contado desde a data de presentación desta.

3. Copia compulsada do certificado que acredite o aboamento do seguro de responsabilidade civil da embarcación con vixencia na data de presentación da documentación.

Xunto coa documentación solicitada remitirá un escrito coa súa identificación, asinado e datado, indicando o porto e o amarre que ten adxudicado, así como a documentación que envía.

Para tal efecto establécese un prazo de cinco (5) días naturais contado desde o seguinte ao de realizar esta publicación.

De non recibirse en prazo a documentación solicitada, cesará o seu dereito de uso do amarre coincidindo co arranque do segundo semestre do ano en curso, o que implicará a obriga do desaloxo da instalación e procederase a anular a autorización de atracada e, en consecuencia, Portos de Galicia disporá do amarre.

O lugar da presentación da documentación é Portos de Galicia, praza de Europa, nº 5A, 6º andar, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

A reclamación que efectúa a dirección do ente público, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso de alzada perante a Presidencia do Consello de Administración, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo o presente requirimento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia