Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de xuño de 2012 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 14-08-12-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 4.b) da Orde do 30 de marzo de 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar, é o presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa recepción, perante, á elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer recurso potestativo de reposición, perante este órgano, no prazo dun mes contado desde a mesma data antes sinalada.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último domicilio coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción proposta

Sanc. 14-08-12-01

Dirección Xeral da Policía e Garda Civil

Pablo Giz Bouza

R/ A Clara 15330 A Clara-Ortigueira (A Coruña)

Actividade con perigo

16.8.2011; 20.30 horas

O Vicedo (Lugo)

Art. 307.1.a) do R.D.L. 2/2011, TRLPEMM

Art. 312 do R.D.L. 2/2011, TRLPEMM

1.200 €