Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite urxente, non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de control de calidade da obra de urbanización e construción de 27 VPP en Vilamarín (Ourense) (expediente C-2006/020).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: control de calidade da obra de urbanización e construción de 27 VPP en Vilamarín (Ourense).

b) Prazo de execución: o prazo do contrato da obra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: cento dezaseis mil oitenta e sete euros con trinta e seis céntimos (116.087,36 euros), IVE excluído.

b) IVE (18%): vinte mil oitocentos noventa e cinco euros con setenta e dous céntimos (20.895,72 euros).

c) Importe total: cento trinta e seis mil novecentos oitenta e tres euros con oito céntimos (136.983,08 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

– Capacidade para contratar: de acordo coa cláusula 3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Solvencia económica-financeira e técnica: de acordo coa cláusula 3.2 e 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación.

–- Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na Dirección Técnica de Construcións e Calidade do IGVS.

– Poderanse obter os pregos a través da internet no perfil do contratante no enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17670

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) ata o oitavo (8º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contado desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data, que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo