Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25583

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 25 de xuño de 2012 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga xeral convocada nos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabanas, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañón, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño para o día 28 de xuño de 2012.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1988), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicou a convocatoria de folga xeral que afectará todas as actividades desempeñadas polos traballadores/as de empresas privadas e polos/as empregados/as do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabanas, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañón, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño e que se desenvolverá entre as 9.00 horas e as 15.00 horas do vindeiro 28 de xuño de 2012.

Outorgada audiencia ao comité de folga, a conselleira

DISPÓN:

Artigo 1

A folga que se desenvolverá desde as 9.00 horas ás 15.00 horas do día 28 de xuño de 2012, e que afectará todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e polos empregados e empregadas do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabanas, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañón, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño, deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura dos servizos esenciais de asistencia sanitaria. Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga, coa atención á poboación que baixo ningún concepto pode quedar desasistida polas características do servizo dispensado.

E por iso mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a pacientes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente e o trasporte sanitario que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Establécense os seguintes criterios reitores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

– Persoal mínimo necesario para a cobertura da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061.

– No Centro de Transfusión de Galicia os servizos necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a comunidade autónoma.

– Nos centros e institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde e centros e institucións sanitarias privadas:

a) Persoal facultativo dependente de Atención Especializada:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Paritorios.

2. Cobertura do 100% da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, se é o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos (radioterapia, hospital de día).

3. Cobertura da actividade cirúrxica nos pacientes, tanto hospitalizados como ambulatorios, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir as visitas médicas, a atención indefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

5. No ámbito de consulta así como das interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, a criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos pacientes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e os pacientes desprazados.

6. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes, e as que se refiren aos pacientes hospitalizados que, a criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a dispensación de sangue, de medicamentos e de produtos sanitarios, que a criterio do persoal facultativo sexan necesarias.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

b) Persoal facultativo dependente de Atención Primaria (médicos, pediatras e odontólogos):

1. Cobertura do 100% da actividade urxente.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente ou inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

c) Persoal sanitario non facultativo de Atención Especializada:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triplo ámbito:

– Servizos de urxencias.

– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervencións cirúrxicas inaprazables no ingreso.

– Atención aos paritorios.

2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir os coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito de consultas estableceranse mínimos nun dobre ámbito:

– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos pacientes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e os pacientes desprazados.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran aos pacientes hospitalizados que, a criterio dos facultativos, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado dos pacientes, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

d) Persoal sanitario non facultativo de atención primaria:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente e inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con máis de trece profesionais: 4 efectivos.

e) Persoal de xestión e servizos de atención especializada:

1. Urxencias: o 100% do persoal.

2. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ao de domingos ou festivos.

3. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ao doente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50% dos efectivos da quenda.

4. Atención ao doente: un número de efectivos que garantan a atención ao doente que o requira, cun mínimo de 1 por centro e ata un máximo do 50% dos efectivos da quenda.

5. Servizos de mantemento: un número equivalente aos domingos ou festivos.

6. Servizo de lavandaría e lenzaría: un número equivalente aos domingos e festivos ou ata o 50% dos efectivos da quenda.

7. Limpeza: ata o 50% dos efectivos da quenda.

8. Hostalería: un número mínimo igual aos domingos ou festivos, ou ben un 60% dos efectivos da quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalería en cada centro.

Coa finalidade de garantir o adecuado mantemento do servizo, servirase, con carácter xeral, un único menú aos pacientes que non requiran dieta médica especial.

9. Condutores: o mesmo número de efectivos que os domingos ou festivos, cun mínimo, en todo caso, dun efectivo.

10. Servizos administrativos:

– Información: o número de profesionais necesarios para garantir a debida información aos pacientes

– Persoal: o número imprescindible para garantir as incidencias e xestións derivadas da folga e como máximo ata o 40% dos efectivos da quenda.

– Subministracións: o número imprescindible para garantir os pedidos urxentes e ata un máximo do 25% dos efectivos da quenda.

– Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un máximo do 25% dos efectivos da quenda.

– Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25% dos efectivos da quenda.

f) Persoal de xestión e servizos de atención primaria:

1. Urxencias: o 100% do persoal.

2. En centros con catro ou menos facultativos: 1 efectivo.

– En centros con cinco ou mais facultativos: 1 efectivo por centro e, en caso de ter varios andares, un máis por andar.

g) Outras áreas de traballo ou servizos: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente aos domingos ou festivos.

h) Persoal de empresas privadas que realizan tarefas de servizos contratados co Servizo Galego de Saúde: aplicaranse os criterios establecidos nos puntos anteriores para a correspondente área de actividade. No caso de que algunha empresa actúe nunha área de traballo que non se corresponda coas dos puntos anteriores, estableceranse un número de efectivos equivalente ao dos domingos ou festivos.

– Transporte sanitario.

Establécense os seguintes criterios reitores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais:

– Unha cobertura do 100% respecto da atención urxente prestada a través das ambulancias asistenciais do 061.

– No ámbito do transporte hospitalario, o 100 % do transporte secundario urxente.

– O 100% dos servizos de transporte para enfermos que requiran tratamentos ambulatorios continuados de oncoloxía e diálise. Para o resto de pacientes, os vehículos necesarios para os casos en que necesiten padiola ou o seu estado xeral así o aconselle, a xuízo do facultativo prescritor. O número de vehículos no será inferior ao 50% dos que fan a cobertura habitual.

Artigo 2

A determinación dos profesionais necesarios con base nos criterios anteriores, faraa a dirección, e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada, mediante a designación nominal e individual.

A/os profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios do centro, con antelación ao comezo da folga.

A/o profesional designado como servizo mínimo, que desexe exercer o seu dereito de folga, poderá instar a substitución da súa designación por outra/o profesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos da institución, exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as prestacións mínimas.

Con tales premisas, no anexo desta resolución recóllense o número de efectivos de servizos mínimos para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Artigo 6

As empresas privadas de sanidade que prestan servizos no ámbito territorial dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabanas, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañón, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño deberán fixar o persoal necesario para garantir a prestación de recoñecida e inaprazable necesidade de acordo cos criterios e demais disposicións determinados nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol

Servizos Sanitarios de Atención Especializada

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide – Novoa Santos

SERVIZOS MÍNIMOS

Mañá

Persoal facultativo

Urxencias

5

A. Cirúrxica

20

A. Clínica/Hospitalización

25

SS.CC.

13

Persoal DUE

Urxencias (incluídas 2 matronas)

9

A. Cirúrxica

15

A. Clínica/Hospitalización

37

SS.CC.

28

Persoal Sanitario FP

T. coidados auxiliares de enfermaría/ T. farmacia

81

Técnico superior

22

Celadores/as

24

Persoal administrativo

29

Mantemento

4

Telefonista

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

Pinche

18

Limpador/a

2

Condutor/a

1

Lavandaría

Lavandeira/o

5

Pasador/a de ferro

5

Servizos sanitarios de Atención Primaria

SERVIZOS MÍNIMOS

Mañá

Médicos de familia

40

Pediatras

15

Odontólogos

1

Farmacéuticos

1

Persoal de enfermaría

47

Outro persoal sanitario

1

Persoal non sanitario

39

Empresas contratadas. Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol

SERVIZOS MÍNIMOS

Mañá

Limpeza centros de saúde (contratada)

50%

Transporte sanitario (contratado)

3

Vixilancia e seguranza (contratada) atención primaria

2

Vixilancia e seguranza (contratada) centros hospitalarios

3

Mantemento Hospital Naval (contratado)

1

Mantemento informático (contratado)

1

Dietética (contratada)

1

HEL DESK a usuarios de sistemas de información (contratado)

1

Arquivo (contratado)

1

Transporte dietas alimenticias (contratado)

1

Transporte de mostras clínicas (contratado)

4

Transporte de material e correspondencia (contratado)

2

Limpeza centros hospitalarios (contratada)

29

DDD

1

Estrutura de Xestión Integrada da Coruña

Servizos sanitarios de Atención Primaria

SERVIZOS MÍNIMOS

Mañá

Persoal facultativo (médicos, pediatras, odontólogos)

3

Persoal de enfermaría

2

Persoal de servizos xerais

2

Transporte programado da Dirección Provincial da Coruña

SERVIZOS MÍNIMOS

Mañá

A Coruña

1

Ferrol

5

Centro de Transfusión de Galicia

SERVIZOS MÍNIMOS

Mañá

Persoal facultativo

Hemodoazón

1

Persoal sanitario non facultativo

Hemodoazón

1

Persoal contratas

Transporte sanitario

1

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Número de efectivos de servizos mínimos

Categoría/servicio

Mañá

Persoal facultativo

Médicos asistenciais base ambulancia

1

Persoal sanitario non facultativo

ATS/DUE base ambulancia

1

Outros (persoal indirecto)

Rede de transporte sanitario urxente

TTS (técnico transporte sanitario)

18

Centro: Hospital Juan Cardona

SERVIZOS MÍNIMOS

Mañá

Persoal facultativo

10

Persoal sanitario non facultativo

60

Persoal non sanitario

21