Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25594

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación Ica, S.L., de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Centro de Formación Ica, S.L.

3. Data.

Os días 5, 6, 12 e 13 de xullo de 2012.

4. Lugar de celebración.

Concello de Redondela, Edificio Multiusos A Xunqueira, Paseo A Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra.

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 5.7.2012

15.30-17.45 h

Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

17.45-20.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas. Lexislación II. Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.

Día 6.7.2012

15.30-17.45 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

17.45-20.45 h

Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Día 12.7.2012

15.30-17.45 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

17.45-20.45 h

Métodos químicos (ddd). Técnicas de aplicación de praguicidas. Desinfección ambiental: lexionela

Día 13.7.2012

15.30-17.45 h

Preparación de disolucións de produtos. Exercicios prácticos. Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

17.45-20.45 h

Uso adecuado dos medios de protección persoal. Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Centro de Formación Ica, S.L.

Datas: os días 5, 6, 12 e 13 de xullo de 2012.

Lugar de realización do curso: Concello de Redondela. Edificio Multiusos A Xunqueira. Paseo A Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 15.30 ás 20.45 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: Centro de Formación Ica, S.L., rúa Portela nº 12, interior (O Calvario), 36205 Vigo, Pontevedra, teléfono: 986 37 77 79, fax: 986 26 53 00.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Alumno:

Enderezo: CP:

Localidade: Provincia:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Empresa: CIF: