Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25597

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) durante o primeiro trimestre de 2012.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará as subvencións concedidas conforme as bases reguladoras das axudas do Igape no Diario Oficial de Galicia, expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, o beneficiario estará suxeito ás normas de información e publicidade que establece o Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Así mesmo, o Igape tamén publicará as subvencións concedidas en vía de recurso conforme as súas bases reguladoras, unha vez vistos os recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro das súas bases reguladoras e tras propoñer para concesión os proxectos aprobados nos recursos estimados.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape durante o primeiro trimestre de 2012, que figura como anexo I.

Segundo. Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape en vía de recurso durante o primeiro trimestre de 2012, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo I

Norma reguladora:

Resolución do 6 de abril de 2010 (DOG nº 67, do 12 de abril), pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Finalidade:

Facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axuda financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 40.01.E3/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Nº expediente

Nome/razón social

Data resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG172.2010.1.319

Puertas Atlántico, S.L.

12.3.2012

28.500,00

14.250,00

Norma reguladora:

Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 155, do 13 de agosto), pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Finalidade:

Fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega estimulando a posta en marcha de proxectos.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 20.02.E2/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas nunha porcentaxe do 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.08.

Nº expediente

Nome/razón social

Data resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG100.2010.1.110

Agroamb Prodalt, S.L.

2.3.2012

1.260.222,00

252.044,40

IG100.2010.1.74

Silenciadores P.C.G, S.A.

12.3.2012

3.368.800,00

370.568,00

IG100.2010.1.88

Mazuli, S.L.

12.3.2012

499.149,70

132.773,83

Anexo II

Norma reguladora:

Resolución do 10 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo) pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Finalidade:

Incrementar a capacidade innovadora das pemes como medio para aumentar a súa competitividade, contribuír ao seu crecemento sostible e, na súa consecuencia, favorecer o emprego e a xeración de riqueza.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 30.01.E4/10/02.656700 e 30.01.E4/10/02.656800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no tramo da Administración xeral do Estado do Programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 2.09, actuación Programa Innoempresa, ou ben, dependendo do orzamento dispoñible para a súa execución, polo tramo da Administración autonómica do Programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 2.09, actuación 5.

Nº expediente

Nome/razón social

Data resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG127.2010.2.105

Jamones Vigo, S.L.

2.3.2012

26.200,00

10.165,60

IG127.2010.2.140

Vasse Cocina y Baño, S.L.

2.3.2012

18.000,00

7.380,00

IG128.2010.2.51

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

2.3.2012

43.709,30

18.164,65

IG130.2010.2.68

Asociación de Empresarios de Bergondo

2.3.2012

59.199,22

23.923,41

IG133.2010.2.74

Técnicas del Mar de Vigo, S.L.

2.3.2012

15.000,00

5.700,00

IG133.2010.2.147

Jamones Vigo, S.L.

2.3.2012

16.200,00

5.994,00

Norma reguladora:

Resolución do 31 de xaneiro de 2011 (DOG nº 22, do 2 de febreiro), pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas.

Finalidade:

Facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 40.01.E3/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Nº expediente

Nome/razón social

Data resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG110.2011.1.324

Makari, S.A.

20.2.2012

5.985,23

2.992,62

IG110.2011.1.455

Mecalia-Metalúrgica y Calderería, S.L.

20.2.2012

30.000,00

15.000,00

IG110.2011.1.731

Siscom División CAD, S.L.

20.2.2012

5.100,00

2.550,00

IG110.2011.1.733

Siscom División CAD, S.L.

20.2.2012

5.100,00

2.550,00

IG110.2011.1.734

Siscom División CAD, S.L.

20.2.2012

5.100,00

2.550,00

IG110.2011.1.735

Siscom División CAD, S.L.

20.2.2012

5.100,00

2.550,00

IG110.2011.1.127

Comercial Pernas, S.L.

2.3.2012

2.500,00

1.250,00

IG151.2011.1.30

Indutec Ingenieros, S.L.

20.2.2012

6.120,00

3.060,00

IG151.2011.1.129

Macraut Ingenieros, S.L.

20.2.2012

31.800,00

15.900,00

IG151.2011.1.138

Confirmsign, S.L.

20.2.2012

7.950,00

3.975,00

IG151.2011.1.142

Metalúrgica del Deza

20.2.2012

27.600,00

13.800,00

IG151.2011.1.189

Isidro de la Cal Fresco, S.L.

20.2.2012

4.000,00

2.000,00

IG151.2011.1.254

Safricope, S.A.

20.2.2012

2.000,00

1.000,00

IG151.2011.1.257

Inverbobe, S.L.

20.2.2012

38.100,00

19.050,00

IG151.2011.1.263

European Green Power, S.L.

2.3.2012

18.468,00

9.234,00

IG172.2011.1.107

Matriuska Producciones, S.L.

20.2.2012

11.480,00

5.740,00

IG172.2011.1.115

Dinak, S.A.

20.2.2012

53.006,75

26.503,38

IG172.2011.1.144

Aguas de Mondariz Fuente del Val, S.A.

20.2.2012

61.190,00

30.000,00

IG172.2011.1.82

Granitos Cabaleiro, S.A.

2.3.2012

4.000,00

2.000,00

IG172.2011.1.359

Novafrigsa, S.A.

12.3.2012

9.000,00

4.500,00