Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25601

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2012 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia convocadas pola Orde da Consellería de Economía e Industria do 16 de febreiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 24 de febreiro).

Por Orde da Consellería de Economía e Industria do 16 de febreiro de 2012 (DOG do 24 de febreiro) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia.

No seu artigo 14 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración emita o informe no que se recolla o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta.

Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG nº 19, do 27 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban o seus estatutos, e de acordo co disposto na disposición adicional primeira do mesmo quedou suprimida a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, subrogándose a Axencia na totalidade dos seus dereitos e obrigas derivados do exercicio das correspondentes competencias e sucedéndoa en todas as súas competencias.

Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, de 12 de xaneiro,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia que a continuación se relacionan polos importes que se indican:

Centro tecnolóxico

Sigla/Acrónimo

NIF

Axuda (€)

Aplicación
orzamentaria

CT Automoción de Galicia

CTAG

G36871424

600.000

08.A3.561A.781.0

CT Nacional de Conservación de Productos de la Pesca

Anfaco

G36625309

586.618,19

08.A3.561A.781.0

Asoc. de Investigación Metalúrgica del Noroeste

Aimen

G36606291

522.458,26

08.A3.561A.781.0

CT de Telecomunicacións de Galicia

Gradiant

G36997229

505.946,32

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

CTC

G32273427

100.000,00

08.A3.561A.743.0

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

ITG

G15305923

83.553,74

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnolóxico do Naval Galego

Cetnaga

G70161195

79.490,56

08.A3.561A.781.0

Centro Tecnológico del Mar

Cetmar

G36885853

78.068,94

08.A3.561A.743.0

Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura

Cetga

G36884260

71.429,36

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética

EnergyLab

G27719913

69.577,88

08.A3.561A.781.0

Fundación para I+D+i en el Sector Pesquero de Celeiro

Cetpec

G27329507

63.953,80

08.A3.561A.781.0

Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia

CIS Madera

G32217663

58.740,55

08.A3.561A.743.0

Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

LOMG

G32217663

52.927,14

08.A3.561A.743.0

Fundación do Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

FCTGG

G36346203

52.108,60

08.A3.561A.781.0

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

CITEEC-FICG

G15422660

47.480,72

08.A3.561A.781.0

Centro de Innovación y Servizos de Galicia

CIS Galicia

G32217663

42.117,01

08.A3.561A.743.0

2. O importe total das axudas concedidas é de tres millóns catorce mil catrocentos setenta e un euros con sete céntimos (3.014.471,07), coa distribución por aplicacións orzamentarias que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Importe

08.A3.561A.743.0

331.853,64

08.A3.561A.781.0

2.682.617,43

Total

3.014.471,07

3. De conformidade co establecido no artigo 21 da orde de convocatoria, o 50% do importe das axudas será librado con carácter de anticipo, unha vez publicada esta resolución.

4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da orde de convocatoria, nos prazos establecidos no seu artigo 20.

5. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2012

Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación