Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1301/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1301/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre recarga de prestacións 1301/2009, en que foron demandantes María Consuelo Cernadas Alvite, Gonzalo Pena Cernadas, José Ángel Pena Cernadas, María Dulcina Rodríguez Cambeiro, Antonio Pena Rodríguez e David Pena Rodríguez, representados pola letrada Sra. Baptista de Sousa Viéitez, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Regueira Rodríguez, así como a empresa Construcciones Cid Castro, S.A., coa representación do letrado Sr. López Mosteiro, a empresa Construcciones Hermanos Figueroa, S.A. e a empresa Excavaciones Isaac Vázquez, S.A.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por parte de María Consuelo Cernadas Alvite, de Gonzalo Pena Cernadas e de José Ángel Pena Cernadas, e de María Dulcina Rodríguez Cambeiro, de Antonio Pena Rodríguez e de David Pena Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), así como contra as empresas Construcciones Cid Castro, S.A., Construcciones Hermanos Figueroa, S.A. e Excavaciones Isaac Vázquez, S.A., por inadecuación de procedemento e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra en méritos deste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Excavaciones Isaac Vázquez, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de xuño de 2012

A secretaria xudicial