Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (375/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 375/2010, por instancia de Aitor García Martínez contra a empresa Cascel Proyectos, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 30.5.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo:

Estímase a demanda interposta por Aitor García Martínez contra a entidade Cascel Proyectos, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Cascel Proyectos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil douscentos setenta euros con vinte e catro céntimos (3.270,24 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colegiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cascel Proyectos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

A secretaria xudicial