Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (82/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 82/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo del Sel Lago contra a empresa Avancos Technical Services, S.L. e Avancos Technical Services Holding BV, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Ditame

Estímase a demanda formulada por Eduardo del Sel Lago fronte a Avancos Technical Services, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento efectuado pola demandada Avancos Technical Services, S.L. ao demandante o 27 de decembro de 2011.

– Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato de traballo que une ao demandante Eduardo del Sel Lago coa empresa Avancos Technical Services, S.L.

– Condénase a demandada Avancos Technical Services, S.L. ao aboamento de 4.613,28 euros en concepto de indemnización de 45 días de salario por ano traballado, ao aboamento de 7.871,98 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data desta resolución.

– Condénase a demandada Avancos Technical Services, S.L. ao aboamento da cantidade de 1.174,09 euros, cantidade que devindicará os xuros do 10% previstos no artigo 29.3 do ET.

– Imponse á empresa demandada Avancos Technical Services, S.L. unha multa de 300 euros.

– Así mesmo, acordo ter o demandante por desistido da súa demanda contra a demandada Avancos Technical Services Holding BV, con arquivamento do procedemento respecto a esta.

Todo iso, con expresa condena en custas e sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que corresponda ao Fogasa en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina María Mercedes Pena Moreira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Avancos Technical Services, S.L. e Avancos Technical Services Holding BV, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

A secretaria xudicial