Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se aproba o proxecto de execución e se inclúe no réxime especial de produción de enerxía eléctrica unha instalación solar fotovoltaica de 50 kW situada na cuberta dunha nave na parcela 51, polígono 500 do concello de Vilar de Barrio, titularidade de Gumersindo Prado Fernández y Otros, S.C.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 4 de xullo de 2008, Gumersindo Prado Fernández y Otros, S.C. presentou solicitude para obter autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica para unha instalación solar fotovoltaica de 50 kW situada na cuberta dunha nave na parcela 51, polígono 500 do concello de Vilar de Barrio (Ourense).

Segundo. Con data do 16 de xuño de 2009, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 116, e con data 27 de xuño de 2009 no Boletín Oficial da provincia de Ourense nº 146, a solicitude de autorización administrativa indicada no antecedente de feito primeiro.

Terceiro. Durante o período de información pública o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia alega, con data do 3 de xullo de 2009, falta de acreditación da competencia do enxeñeiro técnico industrial asinante do proxecto, ao non constar a súa especialidade.

Cuarto. As características básicas do proxecto son as seguintes:

– Instalación solar fotovoltaica de 50 kW de potencia nominal (59,70 kWp), con 500 nódulos Kaneka-k60 de 60 Wp/u e 180 módulos Solarworld SW165 mono de 165 Wp/u; 10 inversores de 5 kW de potencia nominal por unidad modelo Fronius IG-60 HV; equipos de protección e medida en baixa tensión.

– Centro de transformación de 100 kVA e R/T 0,230/20 kV, e seccionamento, coas correspondentes celas de protección, corte, medida, remonte de barras e telemando.

Quinto. Con data do 17 de agosto de 2009, o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense emitiu informe favorable á solicitude presentada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 28 da Lei 54/1997, establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Segundo. O artigo 4.1 do Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, establece que o recoñecemento da condición de instalación de produción acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica corresponde aos órganos das comunidades autónomas.

Terceiro. O artigo 28 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, atribúe á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de industria, seguridade industrial, solo industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía e minas.

Cuarto. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normas vixentes de aplicación.

Quinto. No que respecta á alegación presentada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, preséntase certificado emitido polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense no que se certifica que os enxeñeiros técnicos industriais asinantes dos proxectos teñen a especialidade de electricidade.

De acordo co que antecede, tendo en conta que nesta petición concorren os supostos de feito e xurídicos contidos nos preceptos legais e regulamentarios citados.

RESOLVO:

Primeiro. Autorizarlle administrativamente a Gumersindo Prado Fernández y Otros, S.C. a instalación dunha planta solar fotovoltaica de 50 kW de potencia nominal situada na cuberta dunha nave na parcela 51, polígono 500 do concello de Vilar de Barrio (Ourense).

Segundo. Aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, instalación solar fotovoltaica conectada a rede 50 kW-59,70 kWp, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Miguel Rodríguez Losada, colexiado nº 258, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense o 1 de xullo de 2008, co nº 20082474, e proyecto de L.M.T. y C.T. anexo a instalación solar fotovoltaica conectada a rede, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Jorge Ferreirós Lama, colexiado nº 125, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense o 6 de xullo de 2009, co nº 091134.

Terceiro. Recoñecerlle á instalación que por esta resolución se autoriza a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 661/2007, do 25 de maio.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto que por esta resolución se aproba e referido no punto segundo da parte dispositiva desta.

Segunda. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Pola súa banda, o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

Terceira. O prazo para a posta en servizo das instalacións que se autorizan será de seis meses contados a partir da data de publicación desta resolución.

Cuarta. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gumersindo Prado Fernández y Otros, S.C.

Quinta. Con carácter previo á posta en servizo das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución.

Sexta. A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, ou por incumprimento das condicións impostas.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Oitava. Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á devandita instalación, o titular e/ou explotador deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o cal acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e presentará a documentación que figure nas instrucións que dite esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

Contra esta resolución que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2009

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas