Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Vigo e Mos (expediente IN407A 2012/114-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: O Castro International School Of Vigo, S.L.

Domicilio social: Manuel Olive, 13, 36203 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. ao C.T. do colexio O Castro International School.

Situación: Vigo e Mos.

Características técnicas: L.M.T. a 15 kV con orixe no apoio existente D23/16 da L.M.T. SDM701 de Unión Fenosa Distribución, S.A. (no Alto de San Cosme, Zamáns, Vigo) con un van destensado de 11,7 metros ata o apoio proxectado HVH 1000 S 13, paso aéreo-subterráneo, do cal continúa subterránea con condutor R.H.Z.1 825 metros finalizando no centro de transformación do colexio O Castro International School, situado en cela, Pardellas, Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra