Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dá publicidade á Resolución do 30 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada Hilda número 5883, no concello de Mondoñedo, promovido por Construcciones Isidro Otero, S.L.

Visto o artigo 5, punto 7, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo

RESOLVE:

Darlle publicidade á Resolución do 30 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación Hilda, nº 5883, situada en terreos do concello de Mondoñedo (Lugo), promovido por Construcciones Isidro Otero, S.L.

A dita resolución, que se refire a unha superficie de 9,53 ha cunha designación en coordenadas UTM x=635960.03 e y=4813782.71 aproximadamente, incorpórase ao expediente e atópase á disposición de calquera interesado nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) así como no enderezo: http://medioambiente.xunta.es

Lugo, 15 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo