Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (119/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 119/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Mallo González contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L., TCA Instalaciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por David Mallo González, contra Aislamientos Pemos, S.L. e TCA Instalaciones, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 9 de xaneiro de 2012, e condeno as empresas demandadas a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben ao aboamento, de forma solidaria, dunha indemnización por despedimento a razón de 3.844,5 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende 51,26 euros diarios, en ambos os dous casos.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Aislamientos Pemos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 1 de xuño de 2012

A secretaria xudicial