Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1168/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1168/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Chouza Hermida contra a empresa Sabino Martínez Espasinde sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Javier Chouza Hermida contra a entidade Martínez Espasinde Sabino e, en consecuencia debo condenar e condeno a empresa Martínez Espasinde Sabino a que aboe a Francisco Javier Chouza Hermida a cantidade de 9.689,56 euros, así como o xuro do 10% por mora, aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, nº 47570000, código 36 e nº de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Sabino Martínez Espasinde, en ignorado paradoiro, estendo e asino este edicto.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

A secretaria xudicial